A asociación Inestable de Ordes organiza un Obradoiro de robótica LEGO baixo software libre. Durante os todos os venres de novembro de 17:00 a 20:00 horas, no local social da asociación, farán unha amena introdución á programación e montaxe de robots Lego Mindstorms mediante linguaxe de programación JAVA, facendo uso da máquina virtual LeJOS, distribuída con licenza MPL.
O obxectivo final desta primeira serie de obradoiros será montar un pequeno robot entre todos os asistentes e os organizadores e programar as súas funcionalidades.![]()
Os obradoiros son gratuítos e abertos a calquera persoa interesada en introducirse na programación JAVA dun xeito divertido e práctico.
Non é preciso ter coñecementos previos xa que os organizadores farán pequenas introducións á linguaxe de programación JAVA de xeito que os asistentes conten coas nocións básicas para poder traballar cos robots.
O calendario é o seguinte:
- Datas: 5, 12, 19 e 26 de novembro (Tódolos venres de novembro).
- Horario: De 17.00 a 20.00 horas.
- Lugar: no local social da asociación, sito no segundo andar da casa da cultura de Ordes Local.
Esta actividade forma parte das actuacións que a asociación Inestable desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.
