Mancomún

Obradoiro Drupal de 0 a 100 nos Sábados Libres na Altamar

Martes, 7 Abril 2015

Dende GALPon infórmannos que xa está en marcha o obradoiro correspondente ao mes de Abril do 3º ciclo de Sábados Libres na Altamar.

Aproveitamos para lembrar que o obradoiro que terá lugar este próximo sábado 11 de abril, Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres, realmente corresponde ao mes de marzo, aínda que tivo que ser adiado por mor das festividades de finais de marzo.

Cartel do obradoiro

Así pois o 4º obradoiro deste ciclo celebrase como é costume, o último sábado de mes, o sábado 25 de abril e leva por título Drupal de 0 a 100”. Tratarase dun obradoiro eminentemente práctico, que estará dirixido por Alberto Permuy, responsábel técnico de //Codery e membro de O Zulo.

O obradoiro vai dirixido a quen:

  • Teña na súa organización, empresa, escola, etc. un sitio web sobre Drupal e queira aprender a administralo.
  • Estea interesado en aprender a instalar e deseñar servizos sobre Drupal e antes queira coñecer en detalle que posibilidades lle ofrece.
  • Sexa un curioso da tecnoloxía e queira coñecer mellor este CMS.

O programa completo é o seguinte:

XORNADA DE MAÑÁ (de 10:00 a 14:00 horas)

  • Visión xeral dun proxecto web Drupal
    • Ecosistema Drupal
    • Kit de ferramentas
    • Boas prácticas de administración e desenvolvemento.
  • Caso práctico
    • Presentación do proxecto e obxectivos
    • Entidades e tipos de contidos
    • Administración e fluxo de traballo

XORNADA DE TARDE (de 16 a 18:30)

  • Xestión eficiente Drupal
  • Ferramentas básicas
  • Drupal dende liña de ordes
    • Instalación e actualización de módulos e «core»
    • Xestión de usuarios e contidos
  • Optimización Drupal

Como sempre os interesados en asistir deben apuntarse previamente no correspondente formulario de inscrición.

Así mesmo poden seguir o desenvolvemento e as novidades desta actividade no evento no G+.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal