Dende a asociación GALPon infórmannos que un ano máis organizan en colaboración co Vicerreitorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo un obradoiro sobre Introdución ao Software Libre e GNU/Linux.
O obxectivo deste obradoiro é capacitar aos participantes no uso e administración básicos de sistemas operativos e aplicativos en plataformas GNU/Linux.
O obradoiro enmárcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2012-2013 da Universidade de Vigo. Celebrarase do 18 de febreiro ata o 17 de marzo de 2013 cunha duración de 30 horas repartidas en horario de luns a mércores de 15:00 a 17:00 horas.
O programa do obradoiro é o seguinte:
- Introdución histórica.
- Que é un sistema operativo? e que é GNU/Linux?
- Software Libre.
- Vantaxes e inconvenientes.
- Que é unha distribución? Características dalgunhas delas.
- Instalación de sistemas operativos de Software Libre baseado en GNU/Linux.
- Os xestores de xanelas e de ficheiros, cal escoller.
- Engadir e quitar aplicativos.
- Navegadores e a súa configuración.
- Editores multimedia.
- Mensaxería instantánea.
- Correo electrónico.
- Procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións.
- Outras ferramentas de uso cotián.
- Administración do propio sistema de ficheiros.
- O terminal, a máis potente ferramenta de administración.
O curso está aberto ao público en xeral, tendo prezo especial para a comunidade universitaria da Uvigo.Hai un total de 17 prazas, e o prazo de matriculación remata o 15 de febreiro.
Todos aqueles interesados poden consultar todos os detalles dos prezos e matriculación no web de Extensión Universitaria.
