A Aula TIC Pemes da USC oferta a VII Edición do Obradoiro Virtual sobre Xestión de Relacións cos Clientes (CRM), baseado na ferramenta de software libre vTigerCRM. O curso terá unha duración de 50 horas, entre o 2 de novembro e o 15 de decembro, cun carácter eminentemente práctico e celebrarse a través da plataforma en liña da Aula TIC.
O curso está dirixido tanto a profesionais autónomos e pemes como a público en xeral. O obxectivo do mesmo é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade e do control interno dos clientes.
Vtiger CRM é un completo xestor de relacións cos clientes que permite que os equipos de ventas, asistencia técnica e marketing poidan organizarse e colaborar para mellorar considerablemente as experiencias dos clientes así como as ventas. Ademais inclúe ferramentas de correo electrónico, inventario, xestión de proxectos, … o que o convirte nunha completa suite para a xestión do negocio. Distribúese con licenza libre, e está dispoñible para a súa descarga e instalación gratuíta, ou tamén pode accederse a unha versión de proba nos servizos na nube durante 15 días.
A través deste curso realizarase unha introdución ao uso deste xestor, o que permitirá coñecer as súas posibilidades e utilidade para a empresa.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 20 de outubro. As prazas son limitadas. Para inscribirse é preciso remitir u correo electrónico a atpemes @ usc . es indicando nome e apelidos da persoa interesada así como un teléfono de contacto.
O curso ten un custe de 100 euros e unha vez superado, emitirase un certificado acreditativo da Aula TIC PYMEs da USC.
Nos próximos meses a Aula TIC Pemes da USC organizará tamén a V Edición do obradoiro virtual de Xestión de Tendas Virtuais con Prestashop, así como a III Edición do Obradoiro Virtual de Planificación de Recursos Empresariais con Dolibarr ERP.
