Mancomún

Obradoiros de hardware libre impartidos por Recuncho Maker

Venres, 27 Outubro 2017

A asociación Recuncho Maker organiza hoxe venres pola tarde e maña sábado dous obradoiros relacionados con hardware libre, un deles sobre o Escornabot, un pequeno robot orientado a ensinar os principios da robótica e a súa programación ás nenas e os nenos, e un segundo obradoiro que será centrado en Arduino, a modo de introdución para achegarse a este mundo do hardware libre e a electrónica.

Os dous obradoiros terán lugar no Centro Socio-Cultural de Caramoniña, en Santiago de Compostela, o primeiro como diciamos hoxe venres pola tarde as 17 horas, e o seguinte maña sábado comezará as 11 horas. A duración aproximada nos dous casos é de 3 horas.

Na páxina web de Recuncho Maker pódese obter máis información sobre os mesmos, e tamén, moi importante, consultar os requirimentos para poder participar.

Para a inscrición, é preciso enviar un email a info@recunchomaker.org co título do obradoiro. Deixamos tamén as ligazóns coa información de cada un dos obradoiros:

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Recuncho Maker realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal