Mancomún

Obradoiros de robótica en Teo

Martes, 14 Xullo 2020

A Aula de informática municipal de Teo, organiza obradoiros de robótica para rapaces, este verán de balde.

Obradoiros de robótica

Scratch

O primeiro baixo o título Scratch+Lego, do 13 ao 17 de xullo de 10.00 a 12.00 horas, está dirixido a nenos empadroados no Concello (de 8 aos 11 anos).

Será na Aula de informática municipal. As persoas participantes construirán robots e comezarán a programar con Scratch.

Scratch é unha linguaxe de programación visual desenvolto polo Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab.

A sua principal característica consiste en que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código.

As súas características ligadas ao fácil entendemento do pensamento computacional fixeron que sexa moi difundido na educación de nenos, adolescentes e adultos. As habilidades adquiridas mediante Scratch, pódense aplicar a outras linguaxes básicas de programación como Python e Java.

Arduino

O segundo obradoiro é sobre Arduino, plataforma de desenvolvemento baseada nunha placa electrónica de hardware libre que incorpora un microcontrolador programable e unha serie de pins que aprenderán a recoñecer os asistentes ao obradoiro.

Neste caso está dirixido a nenos empadroados de 12 aos 16 anos e celebrarase do 20 ao 24 de xullo de 10.00 a 12.00 horas.

Arduino é unha compañía de desenvolvemento de software e hardware libres, así como unha comunidade internacional que deseña e manufactura placas de desenvolvemento de hardware para construír dispositivos dixitais e dispositivos interactivos que poidan detectar e controlar obxectos do mundo real. Arduino enfócase en achegar e facilitar o uso da electrónica e programación de sistemas embebidos en proxectos multidisciplinarios.

Inscrición

Para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición que se pode descargar nesta ligazón e presentala por Sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello.

O prazo está aberto do 30 de xuño ao 10 de xullo para o curso de Scratch+Lego e ata o 17 para o de Arduino. As prazas ofertadas son 8 para cada un dos talleres e debe haber un mínimo de 5 inscricións para realizar a actividade. As prazas serán asignadas por orde de inscrición.

Máis información na web de Teo

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal