Mancomún

Obradoiros de software libre durante o mes de xuño na Rede de Dinamización

Luns, 25 Maio 2009

Rede de DinamizaciónDurante o mes de xuño, a Rede de Dinamización organizará diversos obradoiros sobre novas tecnoloxías e entre eles, como sempre, destacará a gran presenza do software libre.

Así, durante o mes de xuño en Vilagarcía, teremos dous obradoiros de software libre:

  • Obradoiro do procesador de textos Writer, da conxunto ofimático OpenOffice.org, que terá lugar desde o 22 ao 26 de xuño, cunha duración aproximada de 10 horas e no que se pretende que a persoa que asista adquira os coñecementos necesarios para crear e editar un documento de texto, darlle formato, incluír imaxes e textos, etc…

  • Obradoiro de instalación e configuración de Galinux: este obradoiro tamén ten unha duración de 10 horas e nel preténdese instalar, configurar e coñecer o sistema operativo libre e en galego Galinux, así como tamén outros sistemas de similares características como Trisquel. O obradoiro terá lugar desde o 29 de xuño até o 5 de xullo.

Outros obradoiros son:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal