O vindeiro luns 19 de outubro ás 17:45 horas a Fundación Junior’s comezará a impartir un obradoiro de software libre baixo a distribución GNU/Trisquel. Serán 12 sesións, de 4 horas cada unha, que se impartirán os luns e mércores de outubro e novembro.
O temario incluirá as aplicacións de ofimática e internet comúns, así como aplicacións máis específicas como Abanq ou outras dedicadas á docencia. Ao longo do curso facilitarase material didáctico aos asistentes para un mellor aproveitamento do curso.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia, sendo a entrada libre e tan só limitada polo aforo da aula.
