Mancomún

Obradoiros de SwL na Rede de Dinamización

Martes, 9 Febreiro 2010

Logo da Rede de Dinamización

Neste mes de febreiro, a oferta de obradoiros relacionados con aplicativos de software libre da Rede de Dinamización continúa na liña dos meses anteriores. Así, segundo os datos dispoñibles na súa web, neste mes impartiranse os seguintes obradoiros dirixidos tanto á poboación en xeral como a empresas e outros colectivos:

  • Iniciación á Informática: Linux – Os obxectivos xerais deste obradoiro son que o alumnado ao finalizar sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas …) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre.
  • Edición de Imaxes: GIMP – O obxectivo xeral do obradoiro é que o usuario/a ao finalizalo sexa capaz de retocar imaxes dixitais empregando o programa libre GIMP.
  • Procesador de textos: Writer – O obxectivo xeral deste obradoiro é que os asistentes, ao remate do curso, sexan quen de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer.
  • Folla de Cálculo: Calc – O obxectivo xeral é que o alumnado sexa capaz de manexar, ao remate do obradoiro, de xeito básico a aplicación de follas de cálculo OpenOffice Calc.
  • Presentacións: Impress – Ao finalizar este obradorio os asistentes deberán ser capaces de crear presentación sinxelas co aplicativo OpenOffice Impress.

Relación de concellos e horarios nos que se impartirán os distintos obradoiros. Para coñecer os detalles concretos de cada un destes obradoiros en cada concello, cómpre consultar a páxina da Rede de dinamización, na sección de obradoiros.

Iniciación á Informática: Linux

  • Concello de Salceda de Caselas: do 01/02/10 ao 17/02/10, luns, mércores e venres de 10:30 a 12:00.
  • Concello de Bueu: do 02/02/10 ao 11/02/10, martes e xoves de 10:30 a 12:30 horas
  • Concello de Valga:
    • do 02/02/10 ao 25/02/10, martes e xoves de 11:00 a 12:30 horas
    • do 02/02/10 ao 25/02/10, martes e xoves de 19:00 a 20:30 horas
  • Concello de As Pontes: do 03/02/10 ao 10/02/10, luns a xoves de 16:00 a 17:00 horas.
  • Concello de O Vicedo: do 15/02/10 ao 25/02/10, luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas.
  • Concello de Burela: do 17/02/10 ao 26/02/10, luns a venres de 11:00 a 12:30 horas.
  • Concello de Pontevedra: do 22/02/10 ao 24/02/10, luns a mércores de 11.00 a 14.00 horas.
  • Concello de Sada:
    • do 22/02/10 ao 26/02/10, luns a venres, de 09:00 a 11:00 horas.
    • do 22/02/10 ao 26/02/10, luns a venres, de 18:30 a 20:30 horas.

Edición de Imaxes: GIMP

  • Concello de Boborás:
    • do 01/02/10 ao 22/02/10, os luns de 17:30 a 19:30 horas.
    • do 03/02/10 ao 24/02/10, os mércores de 11:30 a 13:30 horas.
  • Concello de Moaña:
    • do 02/02/10 ao 25/02/10, martes e xoves de 12:00 a 13:30 horas.
    • do 02/02/10 ao 25/02/10, martes e xoves de 16:00 a 17:30 horas.
  • Concello de Boiro: do 15/02/10 ao 19/02/10, de 11:00 a 13:00 horas.

Procesador de textos: Writer

  • Concello de Arzúa: do 01/02/10 ao 11/02/10, de luns a xoves de 11:00 a 12:30 horas.
  • Concello de Burela:
    • do 01/02/10 ao 23/02/10, de luns a xoves de 19:00 a 20:00 horas.
    • do 03/02/10 ao 12/02/10, de luns a venres de 11:00 a 12:30 horas.
  • Concello de Mugardos: do 01/02/10 ao 24/02/10, luns e mércores de 20:30 a 22:00 horas.
  • Concello de Boborás: do 08/01/10 ao 29/01/10, os venres de 10:30 a 12:30 horas.
  • Concello de Salceda de Caselas:
    • do 03/02/10 ao 24/02/10, luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas.
    • do 19/02/10 ao 08/03/10, luns, mércores e venres de 10:30 a 12:00 horas.
  • Concello de Boborás: do 05/02/10 ao 26/02/10, venres de 10:30 a 12:30 horas.
  • Concello de Sanxenxo: do 08/02/10 ao 03/03/10, luns e mércores de 16:00 a 17:30 horas.
  • Concello de Pontevedra:
    • do 08/02/10 ao 10/02/10, luns a mércores de 18.30 a 20.30 horas.
    • do 25/02/10 ao 26/02/10, xoves e venres de 11.00 a 14.00 horas.
  • Concello de A Guarda: do 15/02/10 ao 25/02/10, de luns a xoves de 16:00 a 17:15 horas.
  • Concello de Lugo: do 22/02/10 ao 26/02/10, de luns a venres de 11:30 a 13:00 horas.

Folla de Cálculo: Calc

  • Concello de Boborás: do 02/02/10 ao 23/02/10, os martes de 18:00 a 20:00 horas.
  • Concello de Boiro: do 18/02/10 ao 24/02/10, de 18:15 a 20:15 horas.
  • Concello de Vilagarcía de Arousa: do 23/02/10 ao 02/03/10, de 18:30 a 20:30 horas.

Presentacións: Impress

  • Concello de Xunqueira de Ambía: do 02/02/10 ao 23/02/10, os martes de 17:00 a 19:00 horas.
  • Concello de A Bola: do 02/02/10 ao 25/02/10, martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas.
  • Concello de Mondoñedo: do 03/02/10 ao 11/02/10, luns a xoves de 18:00 a 20:00 horas.
  • Concello de Teo: do 22/02/10 ao 25/02/10, de luns a xoves, de 18:30 a 20:30 horas.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal