
A Rede de Dinamización continúa a ofrecer os seus obradoiros por toda a xeografía galega, entre os que podemos atopar os seguintes relacionados con aplicativos de software libre:
- Iniciación á Informática: Linux – Os obxectivos xerais deste obradoiro son que o alumnado ao finalizar sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas …) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre.
- Edición de Imaxes: GIMP – O obxectivo xeral do obradoiro é que o usuario/a ao finalizalo sexa capaz de retocar imaxes dixitais empregando o programa libre GIMP.
- Mensaxería Instantánea: Pidgin – O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de utilizar un programa de mensaxería instantánea, nomeadamente o Pidgin, para comunicarse en tempo real empregando unha conversa escrita.
- Procesador de textos: Writer – O obxectivo xeral deste obradoiro é que os asistentes, ao remate do curso, sexan quen de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer.
- Folla de Cálculo: Calc – O obxectivo xeral é que o alumnado sexa capaz de manexar, ao remate do obradoiro, de xeito básico a aplicación de follas de cálculo OpenOffice Calc.
- Presentacións: Impress – Ao finalizar este obradorio os asistentes deberán ser capaces de crear presentación sinxelas co aplicativo OpenOffice Impress.
A continuación relaciónanse os concellos e horarios nos que se impartirán os distintos obradoiros. Para coñecer os detalles concretos de cada un destes obradoiros en cada concello, cómpre consultar a páxina da Rede de dinamización, na sección de obradoiros.
Iniciación á Informática: Linux
- Concello de Culleredo: do 11/01/10 ao 21/01/10 de luns a xoves de 18 a 19 horas.
- Concello de Moaña:
- do 11/01/10 ao 22/01/10, luns, mércores e venres de 10:30 a 12:00 horas.
- do 12/01/10 ao 28/01/10, martes e xoves de 19:00 a 20:30 horas.
- do 12/01/10 ao 28/01/10, martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas.
- Concello de Salceda de Caselas: do 18/01/10 ao 02/02/10, luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas.
- Concello de Pontevedra: do 18/01/10 ao 19/01/10, luns e martes de 11.00 a 14.00 horas.
- Concello de Sada: do 18/01/10 ao 22/01/10, luns a venres, de 18:30 a 20:30 horas.
- Concello de Mugardos: do 18/01/10 ao 27/01/10, luns e mércores de 17:00 a 18:30 horas.
- Concello de O Vicedo: do 18/01/10 ao 27/01/10, luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas
- Concello de Burela: do 25/01/10 ao 03/02/10, luns a venres de 11:00 a 12:30 horas.
Edición de Imaxes: GIMP
- Concello de Boborás:
- do 04/01/10 ao 25/01/10, os luns de 17:30 a 19:30 horas.
- do 13/01/10 ao 27/01/10, os mércores de 11:30 a 13:30 horas.
- Concello de Monforte de Lemos: do 11/01/10 ao 03/02/10, luns e Mércores de 17:30 a 19:00 horas.
Mensaxería Instantánea: Pidgin
- Concello de Xunqueira de Ambía: do 14/01/10 ao 28/01/10 os xoves de 17:00 a 19:00 horas.
Procesador de textos: Writer
- Concello de Burela: do 08/01/10 ao 19/01/10, de luns a venres de 11:00 a 12:30 horas.
- Concello de Boborás: do 08/01/10 ao 29/01/10, os venres de 10:30 a 12:30 horas.
- Concello de Xunqueira de Ambía:
- do 11/01/10 ao 25/01/10, os luns de 17:00 a 19:00 horas.
- do 13/01/10 ao 27/01/10, os mércores de 17:00 a 19:00 horas.
- Concello de Sanxenxo: do 12/01/10 ao 22/01/10, martes, xoves e venres de 10:30 a 12:00 horas.
- Concello de Pontevedra:
- do 18/01/10 ao 20/01/10, de luns a mércores de 18.30 a 20.30 horas.
- do 20/01/10 ao 22/01/10, mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.00 horas.
- Concello de Betanzos: do 18/01/10 ao 21/01/10, os días 18, 19, 20, 21 de 10:30 a 12:30 horas.
- Concello de Boiro: do 18/01/10 ao 21/01/10, de luns a xoves de 18:30 a 20 horas.
- Concello de Lugo: do 18/01/10 ao 22/01/10, de luns a Venres de 11:30 a 13:00 horas.
- Concello de As Pontes:
- do 25/01/10 ao 29/01/10, de luns a venres de 11:00 a 12:00 horas.
- do 25/01/10 ao 28/01/10, de luns a venres de 16:00 a 17:00 horas.
Folla de Cálculo: Calc
- Concello de Boiro:
- do 12/01/10 ao 26/01/10, os martes de 16 a 18 horas.
- do 13/01/10 ao 27/01/10, os mércores de 16 a 18 horas.
- do 14/01/10 ao 28/01/10, os xoves de 16 a 18 horas.
- Concello de Xunqueira de Ambía: do 12/01/10 ao 26/01/10, os martes de 17:00 a 19:00 horas.
- Concello de Sada: do 18/01/10 ao 22/01/10, de luns a venres, de 09:00 a 11:00 horas.
- Concello de Boborás: do 05/01/10 ao 26/01/10, os martes de 18:00 a 20:00 horas.
Presentacións: Impress
- Concello de Boborás: do 07/01/10 ao 28/01/10, os xoves de 16:30 a 18:30 horas.
- Concello de Mondoñedo: do 11/01/10 ao 20/01/10, de Luns a Xoves de 18:00 a 20:00 horas.
- Concello de Moaña: do 11/01/10 ao 21/01/10, luns, martes e xoves de 16:00 a 17:30 horas.
- Concello de Vilasantar: do 25/01/10 ao 28/01/10, de luns a xoves de 17.30 a 19.00 horas.
