Ata maio vanse desenvolver varias actividades formativas relacionados con Arduino no espazo “Depo FabLab”, laboratorio de fabricación dixital que a Deputación de Pontevedra impulsa no espazo de coworking do polígono de Barro.
O 23 de abril terá lugar o obradoiro de “Arduino con ferramentas libres I“; que continuará o 30 de abril con “Arduino con ferramentas libres II” e o ciclo pecharase o 7 de maio con “Arduino con ferramentas libres III”.
Todos os obradoiros son en horario de tarde, e teñen capacidade para 15 persoas.
O acceso é de balde e soamente require inscrición previa.
O espazo “Depo FabLab” busca converterse nun punto de referencia para persoas emprendedoras, buscando atraer proxectos de corte innovador e tecnolóxico. É un espazo no que se favorece a aprendizaxe teórica e práctica sobre as últimas ferramentas tecnolóxicas en canto a codificación dixital, impresión e robótica.
FabLab conta con impresoras e escáneres 3D, kits de Arduino, fresadora de madeira, soldadores de electrónica, material electrónico diverso e ordenadores de sobremesa. Dispón tamén dun gran número de circuítos integrados (Shields) que permiten conectividade sen fíos, Bluetooth, GPS, 3G, NFIC e de diferentes tipos de sensores.
Máis información e inscrición:
- Por correo electrónico cwpontevedra@eoi.es.
- A través da ligazón https://www.depo.gal/coworking-en-pontevedra/obradoiros-fab-lab-3-edicion.
