Mancomún

Obxectivos de KDE para 2018 e máis aló

Xoves, 14 Decembro 2017

O ano 2017 estase acabando e toca facer un balance e fixar obxectivos para o vindeiro ano.
Como non podía ser doutro xeito; a comunidade KDE, que desenvolve o entorno de escritorio Plasma; fixou os obxectivos para os vindeiros anos. En KDE primeiro recolleron as propostas da comunidade e posteriormente foron votadas; as que saíron este ano van na liña de mellorar a usabilidade e produtividade dos usuarios xerais, incrementar a privacidade dos usuarios e conseguir atraer novos contribuidores para a comunidade de KDE.

Podes ver a nova completa no blog de KDE.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal