A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla. A persoa seleccionada traballará en proxectos de innovación e proxectos e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto e unirase a proxectos de investigación cunha aposta internacional.
Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:
- Enxeñeiro Informático (Técnico ou Superior) ou no último ano de carreira
- Coñecementos en sistemas GNU/Linux
- Valoraranse coñecementos de Python, Javascript e AJAX
- Habilidades Comunicativas
- Coñecementos de Inglés
- Posibilidade de incorporación inmediata
A empresa ofrece:
- Proxecto a longo prazo
- Retribución segundo valía do candidato
- Xornada completa.
- Posibilidade de teletraballo 1 ou 2 días á semana.
As persoas interesadas deben dirixir as súas candidaturas ao contacto info @ 3.14financialcontents.com
