Mancomún

Oferta de emprego para 3.14 FinancialContents

Luns, 11 Marzo 2013

A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla.

A persoa seleccionada traballará en proxectos internacionais de e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto.

Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:

  • Enxeñeiro Informático (Técnico ou Superior)
  • Coñecementos en sistemas GNU/Linux
  • Experiencia en desenvolvementos Django/Python
  • Valoraranse coñecementos de Javascript e AJAX
  • Valoraranse coñecementos de SOAP, XML, REST, JSON 

A empresa ofrece:

  • Retribución segundo valía do candidato
  • Xornada completa.
  • Posibilidade de teletraballo 1 ou 2 días á semana.

As persoas interesadas deben dirixir as súas candidaturas ao contacto info @ 3.14financialcontents.com, indicando no asunto: CV oferta informático.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal