Mancomún

Oferta de emprego para desenvolvemento de software na empresa SDWeb

Luns, 4 Febreiro 2013

A empresa Sdweb, socia de AGASOL, e ubicada en Santiago de Compostela, infórmanos que oferta un posto de traballo para incorporar un enxeñeiro técnico ou superior en Informática para realizar proxectos de desenvolvemento software. As tarefas a realizar consistirían na análise, deseño e desenvolvemento de aplicacións informáticas en diferentes tecnoloxías así como a redacción de documentación funcional e técnica.

Requírese unha persoa seria e profesional, con moitas ganas aprender, e medrar profesionalmente. Requírese titulados en Enxeñería Técnica ou Superior en Informática ou en disposición de obter o título en breve. Non é imprescindible ter rematado o proxecto de fin de carreira, ofrecéndose a posibilidade de realizar o Proxecto Fin de Carreira dentro da empresa.

Valoraranse especialmente os coñecementos demostrables en xestores de contidos (Drupal, LifeRay, OpenCMS)
Búscase unha persoa apaixonada polo desenvolvemento de aplicacións informáticas e con capacidade de traballo en equipo para a realización das seguintes tarefas:

  • Instalación, Configuración e adaptación de plataformas CMS (Drupal, LifeRay)
  • Programación Orientada a Obxetos
  • Deseño E/R, BBDD relacionais. (PostgreSQL, MySql)
  • Programación en: PHP, JEE
  • Programación HTML/XHTML, XML, CSS, XLS, JavaScript, Ajax

Ofrécese

  • Incorporación ao organigrama da empresa
  • Unha empresa profundamente involucrada na comunidade de software libre
  • Oportunidade de desenvolvemento das súas habilidades
  • Contorno de traballo agradable
  • Remuneración segundo a valía do candidato

Os interesados deben remitir o seu CV ao enderezo electrónico info @ sdweb . es

A persoa de contacto é Antonio Carro Mariño dispoñible no teléfono 657 021 508

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal