Igalia, acaba de abrir un proceso de selección para o seu departamento de sistemas. Trátase dunha praza cos seguintes requisitos mínimos:
- Titulación relacionada coa Enxeñaría do Software e Ciencias da Computación.
- Coñecementos de Unix/linux – Ubuntu, Debian e RH ES, etc
- Coñecementos de servizos estándar de rede, seguridade TCP/IP, incluíndo HTTP, FTP, correo electrónico e DNS.
- Coñecementos básicos de IPTables e Sistemas de detección de intrusos.
- Coñecementos de Apache e servidores web Linux.
- Python/Perl.
- Experiencia en programación e scripting en GNU/Linux.
- Nivel alto de comunicación en Inglés.
- Capacidade de traballo en equipo.
Outros requisitos desexados son:
- Coñecementos de PXE e outros .
- Experto na integración de sistemas en rede.
- Coñecementos de LVS e clustering.
- …
Ofrecen:
- Traballar nunha compañía fortemente involucrada na comunidade de software libre.
- Estrutura plana, sen xerarquías baseada nun modo de organización por asemblea.
- Contorno de traballo profesional e agradable.
- Ademais doutros beneficios adicionais como:
- Lugar de traballo en oficinas propias.
- Horario de traballo flexible.
- Ata 15 horas á semana de teletraballo.
- Clases gratuítas de inglés 3 horas á semana.
- Seguro médico privado.
- Subsidio para servizo de gardería para empregados con fillos menores de 3 anos.
- Sesións de fisioterapia preventiva.
Todos aquelas persoas interesadas deben enviar o seu CV e expediente académico a Igalia antes do 16 de outubro de 2009. Para coñecer todos os detalles recoméndase consultar a oferta completa na súa web.
