Mancomún

Oferta de emprego para programador no Laboratorio de Cartografía da UDC

Martes, 16 Novembro 2010

CartoLab, o Laboratorio de Enxeñería Cartográfíca da ETS de Caminos, Canales e Portos, busca incorporar novo persoal para o Grupo de Desenvolvemento. Busca persoas interesadas na programación sobre Sistemas de Información Xeográfica baixo a filosofía do software libre para afianzar o traballo que veñen realizando nos últimos anos, consolidar unha serie de proxectos en marcha e avanzar en novas iniciativas.

Para iso oferta bolsa/contrato para participar nos proxectos relacionados coas tecnoloxías da información e os sistemas de información xeográfica. O perfil requirido é de Enxeñeiro Técnico ou Superior de Informática, ou estudante dos últimos cursas das titulacións mencionadas.
Ofrécese a posibilidade de formación e de participación en proxectos de alto interese tecnolóxico.

Valorarase:

  • Coñecementos de Java2 SE
  • Experiencia en servizos web
  • Experiencia con SIX
  • Coñecementos en software libre

Condicións:

  • Horario flexible
  • Equipo de traballo dinámico e multidisciplinar
  • Tempo: 3 meses (prorrogables)
  • Soldo en función de valía e adicación (base de referencia 1.000 € / mes netos a xornada completa)

As persoas interesadas poden enviar o seu currículum antes do 1 de decembro a: cartolab en udc.es

Fonte: CartoLab

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal