Mancomún

Oferta de módulos individuais do Máster de Software Libre

Xoves, 17 Decembro 2009

Os organizadores do Máster en Software Libre veñen de anunciar a posibilidade de cursar algúns módulos do mesmo de maneira independente.

Ao longo dos seguintes meses estará aberta a matrícula para cursar ata 3 dos módulos de coñecemento do Máster en Software Libre de maneira autónoma:

  • Administración e Integración de Sistemas con Software Libre. Data límite de inscrición: 15 de xaneiro de 2010
  • Desenvolvemento en contornos desktop/mobile con Software Libre. Data límite de inscrición: 27 de marzo de 2010
  • Desenvolvemento en contornos web con Software Libre. Data límite de inscrición: 28 de maio de 2010

Cada un destes módulos ten unha duración de 80 horas, distribuídas en varias sesións. Estas sesións terán lugar en Coruña, en horario de venres tarde e sábado pola mañá.

A metodoloxía de traballo é eminentemente práctica, cun enfoque de traballo en grupo, co obxectivo de que ao terminar cada un dos módulos o alumnado sexa quen de liderar e/ou participar en proxectos de software libre na súa área de coñecemento (sistemas, web, desktop/mobile) de maneira autónoma, achegando valor no proceso.

Para isto contan con profesorado de primeiro nivel, hackers e xente con experiencia no sector. En pasadas edicións, pasaron polas aulas do máster relatores pertencentes a institucións e proxectos como Nokia e o proxecto Maemo, Ándago, Trabe Soluciones, Telefónica I+D, GNOME Hispano, KDE-España, Debian, Igalia, libresoft, etc. Nesta terceira edición están a traballar para que todos eles participen de novo.
Cada un dos módulos poderase cursar desde 980€ grazas á política de descontos:

Máis información: Máster en Software Libre

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal