Dende o grupo de Investigación Galabra (de Estudos nos Sistemas Culturais Galego-Luso-Brasileiro e Africanos de Lingua Portuguesa) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) fannos chegar unha oferta de contratación para unha persoa para a realización das seguintes tarefas:
- Adaptación e xestión da páxina web (html).
- Construción, normalización e preenchemento de Bases de Datos (X/LAPM, php, sql, openoffice).
- Apoio na solicitude e execución de proxectos de investigación.
O perfil requirido é Titulación media ou superior (Formación profesional, Ciclo Superior ou Licenciatura) con coñecemento acreditado ou acreditable en administración e programación de sistemas informáticos e coñecementos de:
- Unix/Linux – Ubuntu, Debian, etc.
- Programación en contornos Apache-MySQL-PHP.
- Deseño web con HTML, Javascript, etc.
- Plataformas e-learning (Moodle).
- Valorarase o coñecemento de portugués e inglés, así como a capacidade de traballo en equipo.
Criterios de selección: CV e entrevista ás persoas pre-seleccionadas.
A duración do contrato será de 3 meses prorrogables cunha remuneración de 957 € netos mensuais.
As persoas interesadas poden enviar os seus CV a felisa.prado@usc.es ata o 31 de xaneiro.
