A Universidade de Santiago de Compostela oferta un contrato de investigación para participar no equipo de investigación do proxecto: "Ontopédia: Extração automática de informação ontológica e enciclopédica sobre entidades mencionadas", financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
Titulación requirida:Enxeñería Informática, Enxeñería Técnica Informática ou Lingüista Computacional.
Actividades a realizar:
- Estudo de repositorios de información enciclopédica libres: freebase, YAGO, …
- Extracción de información enciclopédica a partir de dados semi-estruturados da Wikipedia: infoboxes, categorías, wikitables, …
- Creación dun novo repositorio libre de información enciclopédica a partir dos xa existentes e da extracción automática da Wikipedia
Condicións de contratación:
- Contrato a tempo completo
- 20 meses (10 + 10 meses renovables)
- desde o 1 de Febreiro de 2011 (probablemente)
- 1164,02 euros brutos
Requisitos desexables:
- Experiencia con ferramentas para o procesamento de linguaxe natural
- Sistemas de recuperación de información: Lucene, Kinosearch, …
- Programación en linguaxes de script: perl, ruby, python, …
- Linguas estranxeiras: inglés, francés, portugués, …
Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela
As persoas interesadas deberán contactar con Pablo Gamallo enviando o seu CV a pablo.gamallo en usc.es
