Mancomún

Oferta de traballo para Wireless Galicia

Luns, 14 Abril 2008

En Wireless Galicia precisan dun analista/programador PHP con ampla experiencia en contornas LAMP. Requírese unha persoa familiarizada con metodoloxías de desenvolvemento áxiles e con gusto pola programación e o Software Libre. As funcións do posto serán principalmente a consultoría e desenvolvemento de aplicacións baseadas en LAMP e a implantación e personalización de aplicacións libres como Joomla, Typo3, osCommerce. 

Os requirimentos son:

  • Estudos mínimos: A partir de FP de grado superior.
  • Experiencia mínima de 2 años en contorno PHP.
  • Coñecementos amplos da plataforma LAMP (Linux, Apache, Mysql, PHP, Perl), HTML, XHTML/CSS, XML, PostgreSQL e JavaScript.
  • Experiencia en PHP 4/5 orientada a obxectos.
  • Experiencia no uso do repositorio PEAR de extensións PHP (QuickForm, Pager…).
  • Os candidatos deberán presentar o seu portfolio ou referencias de proxectos nos que teñan participado.

Ademais destes requirimentos obrigatorios valorarán:

  • Experiencia no desenvolvemento de proxectos de envergadura.
  • Coidado pola escritura de código optimizado e limpo en PHP.
  • Experiencia ou capacidade para traballar en sitios Web de elevado tráfico.
  • Experiencia escribindo código optimizado e limpo en PHP.
  • Experiencia na utilización de Subversion e Smarty.
  • Ter traballado con aplicacións open source de uso estendido como Joomla, Typo3, WordPress, osCommerce, Sugar CRM, Openbravo, Alfresco, etc.
  • Experiencia na busca e localización de solucións Open Source en repositorios como sourceforge.net.

Os candidatos poderán enviar o seu CV e/ou carta de presentación a través de calquera dos medios que indican na oferta publicada na súa web .

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal