Mancomún

Ofertas de emprego na empresa Igalia

Xoves, 20 Xaneiro 2011

Igalia busca dúas persoas para cubrir dous postos de traballo, un de desenvolvedor web e outro no seu grupo de traballo de WebKit.

Perfil de desenvolvedor web

Búscase unha persoa apaixonada polo software libre, con boas habilidades técnicas en desenvolvemento web así como un alto dominio da lingua inglesa.

Requisitos requiridos:

  • Titulación superior en Informáticas ou Enxeñería do Software ou equivalencia profesional equivalente.
  • Coñecementos en GNU/Linux – Ubuntu, Debian e RH ES etc.
  • Coñecementos de frameworks de desenvolvemento web e experiencia en desenenvolvemento web, incluíndo bos coñecementos do protocolo HTTP e os servizos web.
  • Coñecementos profundos dos estándares web HTML, CSS e XML.
  • Amplo coñecemento de JavaScript.
  • Alto dominio do Inglés.
  • Fortes habilidades comunicativas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade para a toma de decisións e vontade de unirse a unha empresa para se converter en socio responsable.

Requisitos desexables:

  • Experto no deseño de CSS.
  • Experiencia en PHP, Java ou Python.
  • Experto en desenvolvemento con frameworks JAVa como Spring, Hibernate ou outros.
  • Experto en desenvolvemento web con frameworks como Django, Ruby on Rails.
  • Experto en desenvolvemento de interface de usuario con ZK, jQuery, YUI ou framewokrs similares.
  • Coñecemento de servidores web.
  • Compresión da planificación de proxectos e respecto aos tempos dos compañeiros de traballo.
  • Capacidade para desenvolver o traballo en datas de entrega axustadas.

Ofrécese:

  • Unha empresa profundamente involucrada na comunidade do software libre.
  • Posibilidade de traballar en proxectos interesantes e oportunidade de desenvolvemento das súas habilidades.
  • Unha estrutura plana sen xerarquías, baseada nunha asemblea, que se encarga da xestión da empresa.
  • Posibilidade de converterse en socio da empresa logo de poucos anos.
  • Contorno de traballo e compañeiros de traballo agradables e profesionais.

E máis:

  • Posibilidade de traballar dende as oficinas de Igalia ou teletraballar.
  • Horario de traballo flexible.
  • Fisioterapia: sesións de fisioterapia como medidas preventivas para evitar problemas fisiolóxicos.

As persoas interesadas deben enviar o Curriculum Vitae en inglés dende http://www.igalia.com/nc/join-us/form/

Posto no equipo de WebKit

O equipo de WebKit en Igalia busca incorporar unha nova persoa. No aspecto técnico, o traballo deste equipo inclúe diversos aspectos relacionados con WebKit, dende renderizado, networking, accesibilidade, Javascript, multimedia ou o navegador web de GNOME. Ademais ten un forte compromiso co port de WebKit a GTK+, pero non restrinxido a isto.

Aquelas persoas interesadas e que consideren que teñen as habilidades precisas para traballar e contribuír a este equipo só deben escribir coa súa información relevante a Xan Lopez en Igalia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal