Mancomún

Ofertas de emprego para SCA Informática

Martes, 8 Abril 2008

Dende SCA Informática SL achégannos dúas ofertas de emprego. Precisan persoal cualificado para desempeñar labores de Análise-Programación e outro para Administrar redes Linux. Os requisitos destas dúas ofertas son os seguintes:

1. Administrador de sistemas Linux.  Experiencia mínima de 1-2 anos. Titulación mínima: FP de grado superior. Requiren coñecementos en:

  • Administración de GNU/Linux
  • Servidores de Datos, Web, FTP: Apache, servidores de correo, FTP, SAMBA, LDAP, DNS, Virtualización, Monitorización, DHCP
  • Comunicacións: Coñecementos básicos (TCP/IP, rutado, etc)
  • Valorarán coñecementos en PHP/MySQL

2. Programador con coñecementos de Python para Lugo. Titulación mínima: FP de grado superior. Valorarán coñecementos en:

  • Django Framework
  • PHP/MySQL

Posibilidade para os dous postos de contratación indefinida según rendemento profesional. Os interesados deberán poñerse en contacto coa empresa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal