Mancomún

OKI desenvolve drivers das súas impresoras para LinEX

Xoves, 20 Novembro 2008
A empresa OKI desenvolveu os drivers para as súas impresoras para o sistema operativo LinEX. Grazas a isto as consellerías da Junta de Extremadura poderán utilizar dende agora todas as funcionalidades dos seus equipos de impresión baixo LinEX no seu labor diario dentro da administración pública.
Estes drivers foron desenvolvidos en colaboración co “partner” de OKI sito en Extremadura, Megasoft Profesional Systems.
Esta acción enmárcase no plan de migración a LinEX de toda a infraestrutura tecnolóxica da Junta de Extremadura, como partre do obxectivo de migrar paulatinamente” todas as súas Consellerías ao sistema operativo LinEX nos próximos meses, aínda que xa comeza pola Consellería de Economía, Comercio e Innovación.

O Director General de Telecomunicaciones y Sociedad de la Información, Rafael Martín Espada informou que é “moi importante” que unha multinacional como OKI aposte polo software libre “e aposte decididamente non só para agradar á Junta de Extremadura” xa que abriu unha liña de produtos que van instalar software libre desenvolvido aquí. Segundo Martín Espada, é unha “certificación de calidade do que se fixo, fíxose ben e pódese apostar por iso como produtor comercial” así como un salto “importante” á empresa privada.
A Junta de Extremadura asinou un acordo en 2005 con OKI onde se fixou como obxectivo “principal” apoiar o proxecto de liberalización de software implantado polo órgano de goberno da rexión. Desta maneira, búscase reforzar o modelo de colaboración entre a empresa e as administracións públicas baseado no software libre.
 
Fonte: Extremadura al día
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal