Ooo4Kids trátase dunha suite ofimática baseada en OpenOffice.org dirixida aos máis novos da casa. Esta suite está adaptada para que os rapaces de entre 7 e 12 anos se poidan desenvolver nela facilmente.
Este proxecto xorde como parte dos proxectos de educación de OpenOffice.org, dos cales o principal obxectivo é crear unha ponte entre Ooo e o mundo da Educación, así como formar e recrutar novos desenvolvedores.
A asistencia técnica e os recursos corren por parte da asociación francesa EducOOo, que xunto con algún profesores viron a necesidade de crear unha suite informática adicada á educación, principalmente para nenos de primeiro grado.
Deste xeito naceu o proxecto Ooo4Kids (OpenOffice.org for Kids), que destaca por ser a versión máis lixeira de OpenOffice.org e cunha interface máis vistosa.
As características máis sobranceiras son:
-
Está orientado a rapaces de entre 7 e 12 anos
-
Conta con adaptacións específicas para o mundo da educación
-
Está dispoñíbel para GNU/Linux, Windows e MacOS
-
Multilingüe
Todo o proxecto faise con fins educativos, coa idea de contribuír e reintegralo ao proxecto OpenOffice.org.
