Mancomún

Open Flash Chart, software libre para crear gráficas elegantes en Flash desde PHP, Java, Python, etc…

Xoves, 7 Maio 2009
Open Flash Chart é un aplicativo que permite a creación de gráficas en Flash dentro dos teus aplicativos e que ten bibliotecas para PHP, Python, Java, Perl, Ruby on Rails, Google WebToolkit e .Net. O aplicativo inclúe os fontes de todo o código (tamén van incluídas as do obxecto flash) liberadas baixo a licenza GPL.

Nas gráficas poderás cargar os datos que desexes e elixir entre diversos tipos: de colores, de barras, de barras en 3D, por sectores, etc..

Recentemente publicouse a versión 2 de Open Flash Chart, que entre outras novidades inclúe un gran cambio no esquema de desenvolvemento que fai que o aplicativo sexa máis robusto e permite unha mellor organización do código e do crecemento do proxecto. Ademais, unha das grandes novidades desta versión 2 é que usa JSON como ficheiro para a carga de datos. Con esta nova característica pódense facer cousas tales como as que podes atopar en http://code.google.com/p/ofcgwt/ open flash chart

No seguinte blog, hai uns moi bos exemplos de como instalar e comezar a usar Open Flash Chart:http://www.leemiblog.com/programacion/creacion-de-graficas-en-php-con-open-flash-chart

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal