Mancomún

Open Invention Network compra patentes de Microsoft para donalas ao software libre

Venres, 11 Setembro 2009
Open Invention Network (OIN), unha organización integrada por varias compañías relacionadas co mundo del software –sobre a que xa tiñamos informado en Mancomún-, como IBM, Sony, RedHat, Oracle, Google e TomTom, comprou recentemente 22 patentes de software, que Microsoft vendera previamente a Allied Security Trust (AST) a principios deste ano, co propósito de protexer á comunidade de software libre (en especial a Linux) de futuras demandas por violación de patentes.

A compañía AST centra o seu negocio en protexer ás empresas dos trolls de patentes, mediante a compra dos rexistros legais de cara a protexer aos seus membros dos litixios, licenciando a tecnoloxía para eles e revendendo as patentes no mercado aberto.

Segundo explicou Keith Bergelt, director executivo de OIN, “acabamos de evitar un escenario no que estas patentes puidesen ser usadas con fins negativos”.

Esta cifra, no entanto, só representa unha pequena parte das patentes coas que conta Microsoft, xa que a compañía xestiona máis de 50.000 dereitos de propiedade intelectual, e destes, arredor dunhas 200 patentes serían violadas por aplicativos para Linux.
Para evitar futuras accións legais que entorpezan o desenvolvemento e crecemento do software libre, a Open Invention Network compra estas licencias e cede o seu uso á comunidad de software libre, impedindo que sexa perseguida por Microsoft ou outras compañías que realicen prácticas similares.

Fonte: Open Invention Network

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal