Mancomún

Open Networking Summit, evento para profesionais do sector

Luns, 16 Setembro 2019

Do 23 ao 25 de setembro de 2019, terá lugar o Open Networking Summit no Centro de reunións e convencións de Flandes (Bélxica), evento organizado por “The Linux Foundation”.

Open Networking Summit é un dos evento máis importantes de networking aberto da industria, que reúne a desenvolvedores e empresas (provedores de servizos e provedores de cloud computing).


Neste encontro que xira arredor do Open source Networking, analízanse diversos temas como son: SDN, NFV, VNF, CNF/Cloud Native Networking, Orquestración, Automatización da nube, Core Network, Edge, Servizos de acceso e IOT.

No encontro tamén se pode asistir a diferentes charlas e cursos técnicos especializados.

Programa

Un programa cheo de actividades, dividido en varias áreas temáticas:
– 5G + Automatización de redes + DevOps
– Intelixencia Artificial (IA) e Aprendizaxe Automática (ML)
– Redes nativas na nube
– IoT
– TI empresarial
– Escaparate técnico
– Titoriais


Se queres ver o amplo programa de actividades que terán lugar durante os 3 días do encontro, podes acceder a esta web.

Rexistro


Podedes ver as diferentes opcións de rexistro na web, onde atoparedes tamén os diferentes descontos para estudantes e académicos.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal