Mancomún

Open Source nos cursos na Aula de Formación Informática da UDC

Martes, 5 Abril 2016

Logo da UDCA UDC acaba de abrir os prazos de preinscrición para os cursos de maio que realizarán na Aula de Formación Informática (AFI) da propia universidade.

Como vén sendo xa norma habitual, dentro dos cursos para o mes de maio existe unha nutrida presenza de ferramentas de software libre. Nesta ocasión, ofertaranse prazas para diversos cursos:

  • Programación orientada a obxectos e interfaces gráficas de usuario en Python
  • Boas prácticas na elaboración de documentos ofimáticos con exemplos prácticos en LibreOffice
  • Edición de vídeo con ferramentas libres como Shotcut

Todos os cursos mencionados teñen un nivel de iniciación ou mesmo perfeccionamento nas tecnoloxías presentadas.

Estes cursos, a maiores de presentar un uso práctico das ferramentas, axudan a introducir aos participantes nos modelos e prácticas de traballo colaborativo moi vinculados ao Open Source, melloran a compresión e uso de correcto dos distintos tipos de licenzas existentes e amplían a visión de mercado dos alumnos amosando un maior abano de solucións para o desenvolvemento de traballos técnicos.

A preinscrición e a consulta de tarifas pode facerse a traves da web da udc. Trala preinscrición, os participantes admitidos serán contactados por correo electrónico ou teléfono para formalizar a matrícula.

AFI na UDC

A Aula de Formación Informática da UDC ten o obxectivo de reforzar os coñecementos informáticos da comunidade universitaria en todos os niveis. A oferta de cursos, moi variada, busca chegar tanto a usuarios non habituais de ferramentas informáticas, mais coa necesidade de aprendizaxe dun determinado programa ou tecnoloxía, como aos máis avanzados, coa motivación de acadar un maior grao de especialización nunha tecnoloxía en concreto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal