Open South Code 2019 é un evento de acceso gratuíto, pensado para promover e dar a coñecer as tecnoloxías abertas, tanto o software/hardware libre como o de código aberto.

Terá lugar o 24 e 25 de maio, en Málaga.
Programa
Conta cun programa de actividades moi extenso, con máis de 50 actividades entre charlas e obradoiros en 2 días, que podes consultar na web oficial do evento.

Localización do evento
Nesta edición de 2019, Open South Code terá lugar en Polo de Contenidos Digitales, Av. Sor Teresa Prat 15, 29003 Málaga.
Patrocinadores
Accenture Technology, Ayesa, The Workshop
Colaboradores
Polo de Contenidos Digitales, Linux-Málaga, MalagaScala, MalagaJug, Malaga.rb, R Málaga, Wikimedia España, WordPress Málaga, Drupal Málaga
Máis información:
https://www.opensouthcode.org/conferences/opensouthcode2019
