Mancomún

Open TDT, os servizos da Administración dispoñíbeis a través da TDT

Luns, 13 Xullo 2009

Open TDTOpen TDT é unha plataforma baseada en compoñentes de código aberto, que ten como obxectivo ofrecer un contorno de desenvolvemento de servizos ao cidadán por parte de Administracións locais mediante o uso de servizos TDT e que permitan a integración cos seus sistemas de información.

Os servizos desta plataforma foron desenvolvidos en J2EE e os principais compoñentes que a forman son:

  • JDK v 1.5.0_11(Java Development Kit)

  • OpenCMS v 6.2.2

  • Servidor de aplicativos JBOSS 4.0.5.GA

  • MySQL v 4.1.12

Aínda que o emprego da Internet leva medrado moito nos últimos anos, hai grandes colectivos da sociedade que non fan uso deste medio; este feito é unha traba á introdución da Administración electrónica como práctica habitual dos cidadáns.

A televisión pola contra está presente en case todos os fogares, polo que a TDT é unha aposta de futuro para a implantación da sociedade da información e os servizos electrónicos, xa sexa en colectivos de cidadáns que non empreguen Internet, ou como medio alternativo para o acceso a certos servizos á persoa usuaria de servizos de Internet.

Moitas Administracións locais poderán ofrecer servizos ao cidadán a través de diferentes canles locais, autonómicas ou nacionais.

As características máis sobranceiras de Open TDT son:

  • Posúe tres niveis de aplicación: interactivas, interoperabilidade e backoffice

  • Desenvolvemento baseado no patrón modelo-vista-controlador

  • Solución orientada a servizos web

  • É unha plataforma segura, posto que as comunicacións baséanse no protocolo HTTP sobre SSL

  • É una solución escalábel

  • Emprega o estándar MHP

  • Multiplataforma, multiusuario, multiproceso

  • Desenvolvida en Java, compatíbel con especificacións J2EE

  • Arquitectura orientada a servizos (SOA)

  • Bus de servizos web (SOAP)

  • Intercambio de datos XML

  • Sindicación de contidos mediante RSS 2.0

  • Acceso a base de datos mediante JDBC 2.0

Fonte: http://www.opentdt.com/solucion

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal