Mancomún

Open Web Messenger, software libre para a axuda en vivo

Xoves, 26 Febreiro 2009

Web MessengerOpen Web Messenger é unha implementación, en código aberto, dun sistema de conversa instantánea, que permite ser integrado facilmente en calquera sitio web.

Con estas característica, o aplicativo configúrase como unha ferramenta ideal para ofrecer apoio técnico e axuda en vivo aos visitantes ou aos clientes potenciais de calquera portal. Algo que a longo prazo podería traducirse nun incremento de afluencia de visitas e vendas en liña.

Este programa funciona incluíndo na interface da web un botón -a propia ferramenta trae varios modelos predeterminados- co que se accede directamente ao sistema de conversación instantánea.

Actualmente o aplicativo está dispoñíbel en seis idiomas: castelán, inglés, francés, alemán, ruso, polaco e chino, pero a comunidade ten aberta a localización a calquera idioma.

Os requirimentos técnicos para este aplicativo son:
  • Apache 1.3.34 ou superior
  • PHP 4.x ou superior
  • MySQL 5.0 ou superior
Este programa e os seus respectivos recursos están dispoñíbeis baixo os termos de Eclipse Public License v1.0.
 
Fonte: Open Web Messenger
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal