Mancomún

OpenBSD 6.7 xa está aquí

Luns, 25 Maio 2020

A nova versión de OpenBSD acaba de ser liberada con unha morea de cambios e novidades que se poden consultar na nota da versión e nos que destacan alén de correccións e melloras de seguridade, o soporte de hardware como a Raspberry Pi + ou o PineBook Pro.
OpenBSD é un sistema operativo libre de estilo UNIX, dentro da rama dos BSD’s (Berkeley Software Distribution), este naceu dun fork de NetBSD e ten un enfoque na seguridade, dentro deste sistema operativo tamén existen outros proxectos máis pequenos como OpenSSH ou LibreSSL.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal