OpenBusiness (OB) é unha plataforma para compartir e desenvolver ideas innovadoras de negocio aberto. O seu obxectivo é crear un repositorio de modelos e ideas de negocio innovadoras, asociadas a unha comunidade comprometida cunha filosofía de compartición e apertura de recursos propia das comunidades de desenvolvedores de Software Libre.
Aparentemente enfrontada ás ideas tradicionais da competitividade empresarial, a iniciativa do OB pode entenderse como un novo cambio na mentalidade de negocio.
Os tres eixos principais sobre os que se desenvolve o modelo OB son: o compromiso coa comunidade (xerar beneficios para poñelos a súa disposición), a apertura de contidos ou a oferta de produtos/servizos de balde e a participación da comunidade na propia actividade empresarial (ao abrir contidos).
