Mancomún

OpenDesk, mobles open source de deseño

Mércores, 30 Novembro 2016

OpenDesk é unha web que pon dispoñible unha colección de mobiliario propio con licenza Creative Commons Comercial. A empresa que está detrás ofrece ao público a través do seu sitio web todos os ficheiros necesarios para fabricar ou encargar a peza que queiramos.

OpenDesk pretende dar a idea de democratización do deseño, ofrecendo ao usuario os seus proxectos de forma libre, así como a capacidade de poñer en contacto os fabricantes locais de corte, embalados ou montaxes de pezas para o usuario final có conseguinte aforro de custos.

A información que obtemos coa descarga gratuíta inclúe non só arquivos de CAD en formato DWG e DXF para uso nunha máquina de corte de control numérico (CNC), se non tamén os modelos en PDF e EPS, se queremos para facer os recortes nos mesmos e, por suposto, coas instrucións de instalación.

Vía Xakata.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal