Mancomún

OpenGoo, suite ofimática e colaborativa, en forma de aplicativo web en liña

Venres, 24 Abril 2009
OpenGooOpenGoo é unha completa solución ofimática en liña, orientada principalmente á produtividade, colaboración, comunicación e xestión dos equipos de traballo.

Con OpenGoo, os distintos equipos de traballo poden crear e colaborar en tarefas como:

-Creación de documentos de texto
-Creación de follas de cálculo (dispoñíbel nun curto período de tempo)
-Creación de presentacións
-Xestión e listas de tarefas
-Xestión do correo-e
-Calendarios
-Contactos
-…

OpenGoo está pensada para ser instalada na intranet de calquera empresa e que os documentos se garden neste de maneira centralizada.
OpenGoo é un aplicativo web que necesita da tecnoloxía LAMP: un servidor Apache 2.0 ou superior, PHP 5.0 ou superior (recoméndase 5.2 ou superior) e unha base de datos MySQL 4.1 ou superior compatíbel con InnoDB.

É posíbel acceder a unha versión demo desde a seguinte ligazón:
http://demo.opengoo.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal