Mancomún

OpenIndiana, a sucesora libre de Solaris libera a súa nova versión

Luns, 15 Xuño 2020

No mundo do software libre non só existen os sistemas operativos baseados no núcleo Linux, a parte da familia dos BSD e outros máis, tamén existen outros derivados do famoso Solaris de Sun (da familia de UNIX System V) do que xurdiu o xa abandonado OpenSolaris.

O proxecto xestionado de forma comunitaria, OpenIndiana é un fork de Illumos e ven de anunciar a súa nova versión da distribución Hipster 2020.04 que ten como novidades destacadas o cambio a Python 3, o uso de GCC 7 ou a actualización a LibreOffice 6.4.

Máis información.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal