Mancomún

OpenMolecules, aloxamento de proxectos científicos libres

Xoves, 4 Xuño 2009

AvogadroOpenMolecules.net é unha páxina web que ten como obxectivo dar aloxamento web a proxectos libres de química  cunha licenza con formato de datos aberto, código fonte aberto e usando estándares tamén libres.

Isto implica que calquera proxecto que podemos atopar na páxina de OpenMolecules é, polo menos, susceptíbel de ser empregado no ámbito científico. Por iso, todos os programas e servizos web teñen o seu código fonte accesíbel e calquera protocolo ou formato de ficheiro usado debe estar completamente documentado. Con isto foméntase o intercambio de información científica de xeito gratuíto e libre.

Por exemplo, un dos aplicativos aloxados nesta páxina é Avogadro, un avanzado editor molecular deseñado para o uso de plataformas cruzadas na química computacional, modelado molecular, a bioinformática, etc.
Outros proxectos aloxados son:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal