Este paso adiante é a evolución natural para un proxecto que use unha licenza da familia da FSF. O cambio de licenza beneficiará en gran medida á comunidade con proteccións adicionais contra as patentes de software. A LGPL garante flexibilidade para un grande abanico de usuarios e desenvolvedores, asegurando igualmente que as modificacións ao código fonte sexan accesibles para a comunidade…”
O cambio para a nova licenza tamén é o motivo fundamental para cambiar a “Join Copyright Assignment (JCA) ” pola “Sun Contributor Agreement (SCA)”.
Unha gran cantidade de proxectos xa adoptaron a nova versión 3 da GPL e LGPL e para OpenOffice.org a saída da futura versión 3.0 é o momento ideal para facelo
Mensaxe de Louis Suarez-Potts:
http://www.openoffice.org/licenses/newlicense2008.html
Sobre OpenOffice.org e as súas licenzas:
http://www.openoffice.org/FAQs/faq-licensing.html
