A compañía WarMouse acaba de lanzar ao mercado o OpenOfficeMouse. Un rato principalmente dirixido aos usuarios da suite ofimática libre OpenOffice.org. Este revolucionario rato conta con 18 botóns, un joystick analóxico e capacidade para 52 ordes de teclado.
O obxectivo deste novo rato é o de fornecer ao usuario dun acceso máis rápido e eficiente para as funcións de OpenOffice.org, como Writer ou Calc, sen ter que empregar as convencionais iconas, menús despregábeis e atallos de teclado.
O OpenOfficeMouse engade perfís predefinidos para as 5 aplicacións principais de OpenOffice.org, ademais de para outras 20 aplicacións e xogos, que poden ser personalizadas empregando o propio software de configuración. O rato pode almacenar ata 63 perfís nas súa memoria e o mesmo software de configuración será liberado baixo a licenza GPLv3 a principios de 2010.
Un dato a destacar é que este rato e o primeiro en incorporar un joystick analóxico que tamén pode usarse como un teclado asignándolle ata 16 combinacións de teclas ou macros.
Fonte: viva linux!
