Mancomún

OpenShot 2.5.0 chega con aceleración por hardware

Luns, 17 Febreiro 2020

OpenShot 2.5.0 (editor de vídeo de código aberto) chega con novidades interesantes como a aceleración por hardware, soporte para Blender 2.8 e outras melloras na edición de vídeo.

Outras novidades: soporte para codificar e decodificar por hardware, melloras no rendemento do keyframe, máis rápido e estable, exportación e importación de arquivos EDL e XML, melloras nas previsualizacións, servidor HTTP local, melloras na copia de seguridade automática, melloras con SVG, entre outras.

Máis información na nota oficial de lanzamento da nova versión

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal