A Fundación Linux anunciou un novo proxecto chamado OpenSSF (Open source Security Foundation) que ten como obxectivo reunir á industria no campo da mellora da seguridade do software libre.
Membros fundadores de OpenSSF: GitHub, Google, IBM, JPMorgan Chase, Microsoft, NCC Group, OWASP Foundation e Red Hat.
Membros participantes: GitLab, HackerOne, Intel, Uber, VMware, ElevenPaths, Okta, Purdue, SAFECode, StackHawk e Trail of Bits.
Declaracións de Jim Zemlin, director executivo de The Linux Foundation:
“Cremos que o software libre é un ben público e en todas as industrias temos a responsabilidade de unirnos para mellorar e apoiar a seguridade do software libre do que todos dependemos.”
