Mancomún

OpenSSH cumpre 10 anos como alternativa libre a SSH

Martes, 6 Outubro 2009
OpenSSH é un conxunto de aplicacións que permiten realizar comunicacións cifradas por medio dunha rede, empregando o protocolo SSH. Naceu como alternativa libre e aberta a Secure Shell(SSH) hai agora dez anos, e xa que se trata dunha data significativaOpenSSH para celebralo tiñan que facer algo especial. Polo que decidiron lanzar unha nova versión, a 5.3.

Entre as principais novidades de OpenSSH 5.3 pódense atopar correccións de diversos fallos e foi engadida a compatibilidade para clientes e servidores SFTP e ademais trátase dunha solución segura que cifra todo o tráfico, para eliminar a opción de secuestro das conexións ou ataques de "eavesdropping" (escoitas secretas).
Esta ferramenta libre de conectividade SSH permite o acceso remoto a todo tipo de dispositivos e servidores e cifra as conexións evitando posíbeis escoitas e outros ciberataques. Tamén ofrece a capacidade de tunneling para encapsular un protocolo de rede sobre outro e incrementar deste xeito a privacidade dos datos e das redes creadas con este mecanismo.

O desenvolvemento de OpenSSH forma parte do proxecto OpenBSD, un sistema operativo baseado en UNIX con licenza BSD. Este sistema operativo preséntase como alternativa ás tradicionais distribucións de GNU/Linux e ten como punto forte a seguridade.

Fonte: muylinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal