Mancomún

OpenStreetMap e Wikipedia

Martes, 14 Abril 2009

OpenStreetMapDesde hai certo tempo, estanse levando a cabo esforzos para poder unificar e achegar a Wikipedia con OpenStreetMap (OSM). Ambos os dous proxectos teñen como obxectivo producir coñecemento e información libre a través dun proceso aberto e en comunidade. Debido ás similitudes dos proxectos, existe unha gran cantidade de usuarios activos tanto nun coma no outro proxecto, no entanto a integración entre os dous era inexistente.

Actualmente existen diversas extensións que permiten a integración de mapas de OpenStreetMap nos servidores MediaWiki. É un bo comezo, pero non é o que se pretende, xa que si estas extensións se instalasen nos servidores MediaWiki sen ningún tipo de control, poderían facer que os servidores de OpenStreetMap non puideran xestionar todo o seu tráfico e deixasen de responder.

Por este motivo, Wikimedia Deutschland concedeu uns fondos de 15.000 € para comezar o correspondente proxecto piloto. Un grupo de wikipedistas e outro de usuarios de OSM xuntáronse para comezar o proxecto con dous obxectivos en mente: a integración dos mapas de OSM na Wikipedia e a instalación dun servidor de ferramentas para mapas, que se usará para prototipar os novos proxectos relacionados con mapas e preparalos para a súa instalación no clúster principal de Wikimedia…
Máis información sobre o proxecto en:
http://meta.wikimedia.org/wiki/OpenStreetMap#Project_description

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal