O proxecto OpenSUSE anunciou onte o lanzamento da versión de desenvolvemento 11.0 RC1. Tal e como resaltou a propia comunidade non se trata dunha versión definitiva e polo tanto os usuarios non deberán esperar un rendemento máximo da mesma.
A este respecto, cómpre sinalar que dende o lanzamento da versión beta 3 xa se solventaron 1.118 bugs e se detectaron 578 máis. Por esa razón, os membros da comunidade OpenSUSE animan a todos os desenvolvedores a contribuír na versión definitiva, a cal sairá previsiblemente en aproximadamente 20 días.
Pódese descargar openSUSE 11,0 RC1 para x86, x86_64 e PPC nesta ligazón.
