Mancomún

OpenSUSE presenta a súa versión educativa, a Edu Li-f-e

Xoves, 19 Novembro 2009

openSUSE EDU LI-f-eA recente versión de openSUSE, a 11.2, ten agora a súa edición especial orientada a contornos educativos. Esta versión que recibe o nome de openSUSE Edu Li-f-e é outra alternativa á popular Edubuntu de Ubuntu.

Esta aposta educativa de openSUSE conta con catro contornos de escritorio. Os populares GNOME 2.28 e KDE 4.3.x, e ademais dous xestores de xanelas moi relacionados con contornos educativos, como é o caso do Sugar 0.86 (empregado no proxecto OLPC) e lixeiros como é o caso do IceWM.

A oferta de aplicativos educativos é moi completa e está dividida en paquetes para implementacións en clientes ou servidores. Ademais ofrece software de gráficos, de desenvolvemento, unha suite ofimática e grandes capacidades multimedia.
Captura de pantalla de openSUSE Edu Li-f-e

Tamén destaca a presenza dun servidor LTSP, que permite executar openSUSE nos computadores dunha rede de área local sen instalar ou modificar nada nos discos locais, e que tan só precisa que se inicien esas máquinas cun arranque PXE para convertelas en Thin Clients.

Fonte: muylinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal