OpenUpload é un aplicativo libre con licenza GPL moi útil para crear un servidor que desenvolva un servizo para subir e descargar ficheiros similar aos populares Rapidshare e MegaUpload.
Este aplicativo destaca entre outras cousas porque está desenvolvido en PHP, é extensíbel e conta cunha interface dispoñíbel en varios idiomas. Máis polo miúdo as características máis sobranceiras deste aplicativo son:
-
Xestión de permisos por grupos
-
Sistema de modelos, para unha maior personalización
-
Opcións de internacionalización
-
Compatibilidade coas bases de datos MySQL, Postgresql, Flat file
-
Compatibilidade no “backend” cos métodos de autenticación usando base de datos, LDAP, AD, etc.
Para instalar este aplicativo simplemente hai que descargalo de sourceforge.net, descomprimilo e copiar o cartafol resultante no cartafol www do apache (ou equivalente).
Unha forma de facelo descargando a versión máis recente é executando:
svn co https://openupload.svn.sourceforge.net/svnroot/openupload openuploadUnha vez executado cópiase o cartafol openupload no cartafol /var/www .
Para configurar OpenUpload escríbese na barra de direccións do navegador http://<ip do servidor>/openupload/trunk/, e séguense uns sinxelos pasos para rematar a configuración.
