Mancomún

Openware colaborará no desenvolvemento de "w3af", unha ferramenta de seguridade informática

Venres, 14 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/w3af.jpgOpenware, empresa especializada en seguridade de infraestrutura de redes, axudará no desenvolvemento da interface visual do proxecto w3af.

weaf (Web Application Attack and Audit Framework) é un potente contorno de desenvolvemento en Software Libre que permite descubrir e explotar vulnerabilidades en aplicacións web. weaf é unha ferramenta de seguridade recoñecida a nivel mundial, que xa foi elixida como a mellor ferramenta dentro da súa categoría no marco de BEST IT Security and Auditing Softwares 2007 (Máis información en http://www.security-database.com/)…

 

Na páxina de Openware, o seu presidente, Federico Seineldin comenta que “para Openware é un obxectivo clave promover o desenvolvemento de ferramentas libres relacionadas coa seguridade informática.”

http://www.openware.biz

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal