Mancomún

OpenWrt 19.07 con soporte WPA3

Xoves, 16 Xaneiro 2020

Liberada a actualización OpenWrt 19.07 (firmware baseado nunha distribución GNU/Linux utilizado en routers persoais e outros dispositivos), con novas características das que destaca o soporte para o protocolo WPA3 e o soporte para novos dispositivos.

Novidades:
Kernel Linux 4.14.162, interface web de LuCI do lado do cliente (permite aforrar recursos no servidor), soporte inicial para a plataforma ath79 que substitúe a ar71xx, novas versións de paquetes (hostapd 2.9, dnsmasq 2.80, dropbear 2019.78, busybox 1.30.1, gcc 7.5.0), agregáronse ferramentas para verificar as copias de seguridade e actualizar os indicadores de capacidade, entre outras.

Máis información na web de OpenWrt

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal