Vemos na páxina de http://www.ousli.org a seguinte nova sobre OpenXpertya, ERP en Software Libre que proximamente estará dispoñible en galego:
“O proxecto openXpertya xa dispón da adaptación ao novo Plan Xeral Contable. Tan só 10 días despois da súa publicación (o pasado día 20) no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto 1514/2007 do 16 de Novembro polo que se aproba o novo Plan Xeral Contable, de acordo coas novas normas NIC/NIIF, que son de obrigatoria implantación a partir do día 1 de Xaneiro do 2.008.
No apartado de descargas está xa dispoñible devandita información, así como o plan de contas, listo para ser cargado nas versións 2.x de openXpertya.
Coa publicación a día de 30 de Novembro do 2.007 das novidades e adaptacións contables necesarias para o funcionamento a partir do día 1 de Xaneiro do 2.008, o proxecto openXpertya segue, unha vez máis, á cabeza dos ERPs libres do mundo ibérico e latinoamericano. Destacando, desde o ano 2.005 tanto en número de implantacións realizadas, como en tamaño e importancia das mesmas, diversidade de sectores, así como en rapidez de adaptación ás novidades lexislativas e fiscais na medida que o sector empresarial o demande. Este último punto é o que, dalgún xeito, marca o noso produto: Un ERP 100% libre especialmente enfocado ao tecido empresarial e adaptado ao cumprimento das necesidades contables, fiscais e lexislativas da comunidade iberoamericana…“
Máis información na fonte orixinal da nova en:
http://www.ousli.org
